O PP recrimina ao Goberno central que nos Presupostos de 2023 “esquecera por completo” a reconstrución da A-6

  • O deputado galego e vicevoceiro de Infraestruturas do Grupo Parlamentario Popular, Celso Delgado, considera que as informacións dadas por parte do Ministerio de Transportes sobre as causas do derrubamento en xuño do viaduto do Castro na autovía A-6 son “insuficientes”
  • “Todo apunta a que as causas deste derrubamento parten dunha suma de fallos que sorprendentemente non foron detectados nin polas inspeccións nin durante as obras de emerxencia nas que o Ministerio investiu 26 M€”, engadiu
  • Celso Delgado volveu demandar un plan de reconstrución “cun cronograma concreto e cos investimentos previstos para a reconstrución completa da A-6”, dado que se trata dunha infraestrutura “vital para as comunicacións entre Galicia e Castela e León”
  • En referencia á emenda aos Presupostos Xerais do Estado de 2023 rexistrada por parte do Grupo Parlamentario Popular por importe de 25 M€ para a reconstrución deste viaduto: “Pedimos a PSOE e Podemos que voten a favor xa que eles no seu proxecto orzamentario esqueceron por completo esta necesaria actuación”
  • O vicevoceiro de Infraestruturas aproveitou a intervención para mostrar a súa preocupación polo “baixo nivel de execución dos fondos europeos” e poñer en valor as emendas rexistradas polos populares sobre cuestións “fundamentais” para Galicia como o impulso do Corredor Atlántico, as melloras na estación de tren de Ourense ou a conexión por alta velocidade entre Vigo e Porto.