Entregada unha gaita do Obradoiro de Instrumentos á Escola de baile e música tradicional Rebulir

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, entregou esta mañá na sala de xuntas do Pazo Provincial unha gaita elaborada polo Obradoiro de instrumentos da Deputación á Escola de baile e música tradicional Rebulir, representada polo seu director, Alexandro Sotelino, que agradeceu ao goberno provincial a atención á petición realizada por un colectivo que forma aos veciños de Ramirás e outros puntos da xeografía ourensá na cultura galega.