O Delegado territorial da Xunta en Ourense asiste á representación teatral da obra ‘golpes’, en Coles

 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu esta mañá no Auditorio do concello de Coles á  representación da obra ‘Golpes’; espectáculo teatral pedagóxico de sensibilización sobre a violencia de xénero, que organiza o Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade Santa Águeda.

Esta actuación de prevención, información e asistencia directa enmárcase na Rede de entidades locais contra a violencia de xénero baixo a intervención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, e  no marco do Acordo de Colaboración asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

AVANTAR ACTIVIDADES