A dama da Lagoa, Xinzo, Carreira e nós

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Antón Jardón

Curriculum Antón Jardón


«Ergue as túas cornas e os teus ollos puros / ubriá!, obilió! / por riba das searas da esperanza» (Antón Tovar, do poema Obilió!, en Calados esconxuros)

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
Se regresas pola autoestrada –ou se vés de pé feito– dende a Auria ata a nosa Limia, ao alcanzar a planicie, podes saudar a torre do Castro e a escape te atopas coa codia da antiga Lagoa, antes de divisar a vila de Xinzo. Ao avistar a capital da comarca deseguida deixarás alongar a mirada cara aos montes de baixo. E, un día coma hoxe, cando o outono medra discretamente, os nubarróns, dubitativos e algo mexericas, ao dar fe destes tempos imprecisos, non paran de tecer movedizas cortinas grises que agochan a torre de Porqueira, para entupir o horizonte canda a miña ansia de ollar ao biés a inconfundíbel silueta dos Picos de Mediodía, canda a miña malograda teimosía de buscar as apetencias perdidas, no colo desta abúlica Terra que gurra e porfía contra os devezos vencidos.
Mais ás veces, só ás veces, cando desesperas, acaba acontecendo o imposíbel. Hai uns días, ao burlar a indómita présa que sempre infunden as autoestradas, a teimuda e aburrida parsimonia acabou batendo co papo contra a estampa do inesperado: a grandiosidade da Dama da Lagoa, que veu ao meu encontro, de fronte, polo medio da estrada, como se lle debera algo que eu descoñecía. Viña devagar, mais plenamente decidida, ata que a inevitábel cercanía me levou o pé cara ao freo, e entón o coche parou bruscamente. Ao enfiar a ollada polo retrovisor, comprobei que os que viñan detrás tamén pararon sen tusir, sen protestar; non tocaron a bucina porque, inconscientemente, souberon que tamén lle debían algo. E, coma min, detivéronse para contemplar a colosal obra do incomparábel artista, o escultor limiao, Xosé Lois Carreira, que lle deu vida a unha inmensurábel pedra, para mostrarnos o pasado e facernos comprender iso que se chama ‘sentido de pertenza’.
Milleiros de anos despois de permanecer agochada nas entrañas dos penedos de Cobas, onde oulea e manda a Raíña Loba, Carreira ensinoulle a súa historia e escribiulla nos rolos das sedentes que amparan a Dama da Lagoa, para que regresase á súa Antela apetecida.
E, aí está, para sempre chantada entre as leiras, con aquela pose de inevitábel soberbia, mirando discretamente cara a San Mamede, sen agacharlle a ollada aos señores do castelo da Pena e sen engurrarse ante as prédicas inmoladoras dos espíritos do Bon Xesús de Trandeiras. Aí está, espida e incólume, esmagándolle a boca ás inextintas samesugas de sempre, ao lado dos que pasan as horas choiando, debaixo dos chapeus de lata, enleados en traxes de ourizada argamasa, espreitando aos que algún día volverán decruar a terra como deus manda.
A Dama da Lagoa de Xinzo Santi M. Amil Voz de Galicia
Aí anda, a Dama da Lagoa, na praza da cidade de Antioquía, colosal e atrevida, tan inmensa como as mans e a habelencia do autor, para representar a homenaxe feminista a tantos feminismos que a rodean: Antela, lagoa, lingua, area limpa, pedra firme, sedentes envoltas en rolos de sabedoría, ondas de mares roubados, pantallas do entroido eterno, arracadas castrexas, peitos ateigados de fartura… Aí queda, para afianzar e afincar a autoestima das mulleres de Xinzo, da Limia eterna e dun mundo que tanto lle custa remelarse, ata atopar a identidade esquecida.
[Aí fica di o meu tío Lisardo coa cabeza ergueita, valente, sen medo contra o machismo que nos asolaga cada día a nós e ao patrimonio que nos foron roubando ao longo da vida. Esa é a Dama da Lagoa que Carreira chantou na Limia. Esa]

Outros Artigos de Antón Jardón :

A insignificancia das cativezas

Don Alberto e a súa circunstancia

O que acontece é insignificante, o importante é o que nos contan

“Don Alberto, o home que perdeu o acento (que nunca tivo)”

“Tempos de pandemia e secura”

“O estado da nación / O estado da ficción”

“A insipidez minguante da esquerda cortesá”

” Don Alberto e a astroloxía luscofusquiana “

Aaai!, se as paredes falasen, don Alberto.

” Feijoo e a reconciliación coa familia (política) “

” O seu nome fede a pólvora queimada, excelentísimo señor! “

” Feijóo rebenta os freos ao atravesar ao Padornelo “

” Por que te vas, Alberto? “

” Contra o carnaval de Madrid, viva o entroido de Xinzo! “

” Cando as rogativas non dan acabado coa sequía “

” O desencanto de don Claudio “

” Don Claudio e o progreso “

” Vai moito frío en Penalonga “

” A matanza do tempo “

“Unha ovella na tulla do diñeiro”

” Mirando cara a acolá “

” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “

O pan noso de cada día

” Quen ri último, ri mellor “

” Rebuscando nos sumidoiros “

” Conichos e fantoches “

” Contando tardes, sobre todo, tardes “

Quen anda aí?

A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco)

“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”

” Sente aqui, señor! “

” A codia das ausencias en tempos adversos “

A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato]

” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “

” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “

Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte)

Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español

” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “

” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “

” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”

” Non hai doce sen trece (corolario) “

” Non hai doce sen trece (segunda parte) “

” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”

” Antollo e o xurelo guisado [relato] “

” O can vello, o amo e o patrón [relato] “

” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “

” O corvo e o alcalde [relato] “

” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “

” Unha muller confinada no supermercado “

“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”

“Mentres tanto”

” 5 de abril, Domingo de Ramos “

” Galicia, esa esquina do mapa “

” Un País que se disipa sen remedio “