A Mancomunidade programa un contacontos polo Día contra a Violencia de Xénero

O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos do Carballiño informa da posta en marcha da cuarta edición do Contacontos Familiar, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, que se levará a cabo con motivo da celebración do 25 de Novembro (Día
Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres ), e que terá lugar o vindeiro fin de semana.

Para a conmemoración de dita data, realizarase nos diferentes Concellos mancomunados
unha actividade teatral gratuíta para toda a familia, consistente na representación de dous contacontos da man de Cristina Collazo: Procúra-se Pepa A Loba; e María Pita, conversas cunha heroína; coa que se pretende transmitir os valores da igualdade e da coeducación nas familias.

AVANTAR ACTIVIDADES

Estas actividades enmárcanse dentro da prevención, ferramenta indispensable dentro do
Programa de Educación Familiar para evitar o posible futuro desenvolvemento de condutas pouco adaptativas no ámbito familiar. A programación dos contacontos levarase a cabo no mes de novembro, seguindo a planificación que se especifica a continuación: