A Xunta continúa ca limpeza das marxes en estradas autonómica de Ribadavia

A Xunta comezou hoxe os traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas en Ribadavia. As intervencións realizaranse, concretamente, na estrada OU-403, entre Ribadavia e Ponte Castrelo.

Tamén continuarán os traballos na estrada OU-212 ao seu paso por Beariz, Avión, Leiro, Carballeda de Avia e Beade.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acomete estas actuacións no marco do contrato coa empresa pública Seaga, para o control da biomasa para previr incendios e reforzar a seguridade viaria.

Estas novas actuacións de conservación permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar sobre unha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.