Andaina do PP de Ourense contra a violencia de xénero

IES CHAMOSO LAMAS

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá no entorno do encoro de Cachamuíña nunha andaina enmarcada na celebración do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

20, novembro, 2022. O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá no entorno do encoro de Cachamuíña, Pereiro de Aguiar, nunha andaina enmarcada na celebración, o vindeiro 25 de novembro, do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

SPORTUR GALICIA 2022

Manuel Baltar estivo acompañado, entre outros, pola secretaria xeral do PP de Ourense, Ana Villarino, a vicesecretaria de Igualdade do PP de Ourense, María Antonia Rilo, e cargos populares de toda a provincia.