Convocatoria do XXVII premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2023

Cos obxectivos de honrar a memoria de Vicente Risco, axudar á consolidación da cultura e a fortalecer as relacións de Galiza con
Portugal e a lusofonía, a Fundación Vicente Risco (Allariz); os Concellos de Allariz, Castro Caldelas e Melide; a Deputación de Ourense;
a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) (Vila Real – Portugal), representada pola Escola de Ciências Humanas e Sociais
(ECHS); as Universidades da Coruña (UDC), Santiago (USC) e Vigo (UVIGO) e a Caixa Rural Galega presentan as bases do XXVII premio
Vicente Risco de Ciencias Sociais, cun valor, antes de impostos, de 6.000,00€ e de acordo ás seguintes cláusulas:
PRIMEIRA. Poderá participar no premio calquera persoa, sen
distinción de idade ou nacionalidade, que presente os seus textos
en lingua galega ou en lingua portuguesa. Os textos presentados
deben ser totalmente orixinais, non estar publicados nin traducidos en calquera formato e teñen que abordar investigacións
referentes a Galiza e/ou ao Norte de Portugal, sempre do punto
de vista das ciencias sociais (antropoloxía, arqueoloxía, socioloxía, historia, lingüística, xeografía, economía, turismo…). Os
traballos de investigación deben ter unha extensión mínima de
150 páxinas e unha extensión máxima de 300 páxinas, tamaño
DIN-A 4 e escritos a espazo dobre en letra Arial 12. Serán especialmente valorizados os textos que se adecúen aos usos habituais
do ensaio. A data límite para a recepción de traballos será o 28 de
febreiro de 2023.
SEGUNDA. Os textos deberán ser entregados en soporte dixital
(pdf) e remitidos a secretaria@fundacionvicenterisco.com. O
texto do traballo científico será presentado contendo unicamente un título na súa capa e sen identificación da autoría, para a súa
avaliación anónima polo xurado. Noutro documento, entregado
tamén en soporte dixital (pdf) e remitido a secretaria@fundacionvicenterisco.com, será incluída a seguinte información:
título do traballo, nome completo da autoría, Cartão de Cidadão
(CC), pasaporte ou documento de identidade, domicilio, teléfono
e correo electrónico, así como unha declaración xurada asinada
polo/a autor/a en que declare a súa autoría e o carácter inédito
do traballo. Os candidatos recibirán unha confirmación oficial da
recepción do seu traballo.
TERCEIRA. O xurado do premio estará formado por nove
membros, ligados ao campo da cultura e das ciencias sociais, que
serán nomeados polas institucións organizadoras do premio. A
secretaría do premio recaerá nun deses nove representantes ou
ben noutra persoa que designe a organización. Neste caso a
secretaría non terá voz nin voto. O premio para o mellor traballo de
investigación presentado será concedido por maioría de votos.
CUARTA. O nome das persoas que integrarán o xurado será
divulgado antes de rematar a primeira quincena do mes de xuño
de 2023.
QUINTA. A decisión do xurado, inapelábel, darase a coñecer
antes de finais de xuño de 2023 e será divulgada nas redes sociais
da Fundación Vicente Risco.
SEXTA. O premio, indivisíbel, poderá ser declarado deserto, no
caso de o xurado así o considerar en decisión que será inapelábel.
SÉTIMA. A contía económica atribuída ao premio é considerada
en calidade de pagamento dos dereitos de autoría, quen cede
estes á Fundación Vicente Risco, sen limitación do número de
exemplares nin de edicións. Os dereitos de edición da obra poderán ser realizados en calquera lingua, coa posibilidade de cesión
de dereitos a terceiros. O beneficiario do premio recibirá de
balde vinte e cinco exemplares da obra publicada en soporte
papel. A persoa premiada tamén autoriza que, transcorrido un
ano desde a presentación do premio, a publicación estea accesíbel en descarga gratuíta e aberta desde a plataforma dixital que
para tal efecto habilitarán os organizadores do premio en
www.fundacionvicenterisco.com
OITAVA. O xurado poderá recomendar até un máximo de dous
traballos adicionais para a súa publicación, xustificando o seu
recoñecido mérito. A publicación destes traballos non implica
remuneración económica para o/a autor/a, quen terá que
aceptar a publicación e ceder os dereitos de autoría á Fundación
Vicente Risco para a primeira edición da obra en calquera lingua e
as súas reimpresións, até un máximo de 3.000 exemplares. A
organización non estará obrigada a publicar estes traballos.
NONA. Os orixinais non premiados serán eliminados. A participación neste premio significa a aceptación de todas as cláusulas, así
como das decisións do xurado.