A Deputación lanza un proxecto piloto de compostaxe comunitario para O Carballiño, Pereiro e Xinzo de Limia

-11.00 horas: Presentación do proxecto piloto de compostaxe comunitario para O Carballiño, Pereiro e Xinzo .- O deputado Pablo Pérez presenta un proxecto de compostaxe comunitaria deseñado pola Deputación de Ourense para os concellos do Carballiño, Pereiro de Aguiar e Xinzo de Limia. Pablo Pérez estará acompañado pola alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama; o tenente alcalde de Pereiro, Manuel Doval; e a edil de Medio Ambiente do Carballiño, Rita Soto. Lugar: Sala de prensa da Deputación de Ourense.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense lanza un proxecto piloto de compostaxe comunitario para os municipios do Carballiño, Pereiro de Aguiar e Xinzo de Limia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O proxecto está prantexado para avanzar na compostaxe comunitaria procurando unha mellor solución para os residuos orgánicos xerados nos fogares, ao mesmo tempo que contribuirá a evitar a deposición de restos vexetais de podas nos contedores municipais ou na vía pública.

O deputado Pablo Pérez presentou hoxe esta iniciativa nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama; o tenente alcalde de Pereiro de Aguiar, Manuel Doval; e a edil de Medio Ambiente do Carballiño, Rita Soto.

Pablo Pérez resalta que esta é “unha iniciativa novidosa para o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos que busca retirar a materia orgánica do circuíto da fracción resto -bolsa negra- e que esta se xestione de maneira independente”.

O deputado prantexa que, co compostaxe, “tendemos a unha alternativa igual de eficiente que a da implantación dun contedor específico para a recollida da materia orgánica, xa que en ambas diminúe, igualmente, o impacto ambiental que xera non xestionala independentemente. E ademais permite reducir drasticamente o elevado custo operacional e de gasto que supón crear e manter unha liña de recollida separada para unha nova fracción”.

Na súa intervención, a alcaldesa de Xinzo de Limia deu parabéns á Deputación por esta iniciativa e resaltou a importancia de “concienciar á cidadanía para favorecer a economía circular”.

Manuel Doval tamén agradeceu o traballo da Deputación e explicou a importancia da educación ambiental: “Máis aló do tema económico, crer no medio ambiente é unha cuestión de feitos, feitos como este proxecto”.

Pola súa banda, Rita Soto agradeceu a implicación do Concello do Carballiño neste proxecto e  animou aos veciños a participar na iniciativa.

Dúas fases do proxecto de compostaxe comunitario

Este proxecto nace a partir dunha axuda solicitada este ano pola Deputación de Ourense á Xunta de Galicia no marco dos Next Generation.

A iniciativa divídese en dúas fases. Por un lado, unha etapa de captación, de formación e sensibilización da cidadanía respecto ao proxecto, que máis alá de captar participantes, nos permitirá estimar a cantidade de residuos xerados segundo a tipoloxía e costumes de cada fogar.

A iniciativa está ideada para o seu desenvolvemento nas urbanizacións dos concellos elixidos. En Pereiro de Aguiar serán as de Santa Marta e a Tapada de Abaixo; no Carballiño, Uceira e Corzos; e en Xinzo de Limia, nas urbanizacións da Devesa e do Polígono, localizacións onde se colocarán sendas áreas de compostaxe comunitario permitindo aos veciños interesados en depositar os restos orgánicos xerados nos seus fogares.

Partindo desta información, no 2023 poderase proceder a dimensionar as illas de compostaxe baixo un criterio máis axustado a realidade, grazas aos resultados extraídos do estudio da primeira fase e posteriormente executar á súa construción.

Fase explicativa do proxecto

Nos vindeiros días, persoal do servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación de Ourense e e da empresa Ancaria visitará “porta a porta” as vivendas existentes na área de influenza das localizacións elixidas, para explicar os pormenores do proxecto, fomentando a adhesión dos interesados e explicando as vantaxes e facilidades que terán os participantes co uso deste tipo de compostoiros.