O Cine Club proxecta este xoves tres curtas da Escola de Cine do Sahara

Esta semana a proxección do Cine Club do Carballiño cambia de data e de lugar. Será  o xoves día 24 de novembro, ás 20:00 horas na Libraría Escolma, onde proxectarán tres curtas realizadas na Escola de cine do Sahara e estreadas este ano no Festival internacional de Cinema do Sahara (FISAHARA 22).

A entrada será gratuíta ata completar aforo (25 persoas). As tres curtas que se proxectaran serán “El precio de la belleza”, “En busca de Tirfas2 e “Toufa”. Unha pequena mostra do cinema que se está a facer noutros lugares, con outras miradas e outros medios, pero con grandes resultados.

AVANTAR ACTIVIDADES