O concello de Boborás oferta axudas para material escolar ata o 3 de decembro

IES CHAMOSO LAMAS

O concello de Boborás mantén aberto o prazo ata o 3 de decembro da convocatoria de axudas para material escolar. Como novidade este ano tamén se inclúen axudas a alumnos de bacharelato e FP, sendo todas compatibles con calquera convocatoria doutra administración.

A contía das axudas será para alumnos de infantil: 70 euros por beneficiario; para alumnos de primaria: 90 euros por beneficiario; para alumnos de secundaria: 110 euros por beneficiario; para alumnos de Bacharelato: 130 euros por beneficiario, e para alumnos de FP: 130 euros por beneficiario. A tramitación farase coa traballadora social. Podedes pedir cita no 988 402 008.

SPORTUR GALICIA 2022