A Deputación apoia a celebración das xornadas “Adolescentes y Jóvenes con TDAH

A Deputación apoia a celebración das xornadas “Adolescentes y Jóvenes con TDAH: Riesgos, prevención y abordaje”, unha cita organizada pola Fundación Ingada e que se celebrará o 25 e 26 de novembro no Campus de Ourense. 

As xornadas, que tamén contan co apoio público da Universidade de Vigo, abordarán o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade na adolescencia e mocidade e as dificultades e riscos que pode conlevar, así como as estratexias de prevención e abordaxe que os rapaces afectados, familias, educadores e profesionais que traballan no eido da mocidade deberían coñecer. 

AVANTAR ACTIVIDADES

As xornadas contarán coa presenza de profesionais de recoñecido prestixio tanto no ámbito científico como no clínico e educativo. Ademais do profesor Ángel Carracedo, xenetista e presidente da Fundación Ingada, completan o cadro de relatores Manuel Isorna, Antonio Rial, Patricia Gómez, Xosé Lamas e Celia Domínguez. 

O obxectivo das xornadas é ofrecer a todos os asistentes información baseada na evidencia científica que axude a coñecer, comprender e abordar mellor o TDAH na adolescencia e a primeira mocidade. 

As xornadas terán lugar na Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Ferro ao longo da tarde do venres 25, en horario de 16,00 a 20,00 horas e o sábado pola mañá, de 09,30 a 13,30 horas.