Carballiño centro comercial aberto e c.d. Arenteiro celebran xuntos o green friday con grandes ofertas e sorpesas os días 25 e 26 de novembro.

IES CHAMOSO LAMAS

Corenta establecementos  asociados a Carballiño Centro Comercial Aberto ofrecerán interesantes promocións e descontos durante este Green Friday os días 25 e 26 de novembro.

A xerente de Carballiño CCA, Noelia Mares, informa que “durante dous días a veciñanza de O Carballiño e as persoas que se acheguen á nosa vila poderán atopar importantes descontos en moitos sectores:  decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, mercerías e lencerías, xoiaría, saúde, complementos ou agasallos. Como facemos sempre queremos aproveitar para recordar a importancia que ten mercar en O Carballiño, onde atoparemos un trato próximo e personalizado, onde podemos ver, tocar e disfrutar os produtos que ofertan os diferentes establecementos participantes nesta campaña.

SPORTUR GALICIA 2022

Este ano, con motivo do éxito arroiador que está a ter o C. D. Arenteiro, tanto no terreo de xogo como entre toda a veciñanza, a asociación Carballiño CCA conta coa colaboración do clube carballinés para incentivar as compras neste xa GREEN FRIDAY!!, xa que por cada compra realizada en calquera dos negocios adheridos á campaña, os clientes recibirán unha papeleta de participación para o sorteo de tres camisetas do C. D Arenteiro asinadas polo xogador que a persoa agraciada escolla e dúas entradas para o gran partido da Copa Do Rei, C. D Arenteiro – Atlético de Madrid. Esta campaña conta ademais coa cofinanciación do Concello de O Carballiño.

Porque este ano o Black Friday en Carballiño CCA é VERDE!!.

Ademáis o C. D. Arenteiro participu na grabación dun vídeo de promoción para esta campaña; polo cal  este Centro Comercial Aberto e os asociados que forman parte del, están moi agradecidos para con toda a súa directiva, corpo técnico e plantilla de xogadores por ser quen de participar das nosas actividades de maneira totalmente desinteresada e facilitarnos en todo momento a realización do mesmo.

Os establecementos participantes neste Green Friday de 2022 son: APARTHOTEL ARENTEIRO, ATLEET, AURA MODAS, B JEANS 8 ,BUXO SAUDE, CHIKITINES, CONTOS, DUA´S, DULCINEA, ÉBANO, ÉCOLE, ELECTR. MANUEL VÁZQUEZ, ENDE BEN, ESPA QUARZ, FLOR DE LIS, FRUTAS EVARISTO, INNOVA DECOR, KIRSCHEN, LA MODERNA, LAMARGHA, LEÑO, LUANELA, MADISON, MAIS DEPORTE, MUNDO LAR, O´RUAN, OFFICE CENTER, ORCELLÓN, OUTLET ALBA CONDE, PAPAVENTOS, PÍKAROS, PLAZA CANDY, PLUMETTI ,POL COTTON, REMBRANDT, SASTRERÍA PÁJARO, SOLPLATA TETE CLOSET ,TREBELLOS E  UCHA DEPORTES.