O Novo Cine de Leiro proxecta a nova estrea de Disney, “Mundo extraño”

IES CHAMOSO LAMAS

O Novo Cine de Leiro proxectará esta fin de semana a nova estrea de Disney “Mundo extraño”. Os Clades son unha familia coñecida en todo o mundo, todos son famosos exploradores. Un día, todos xuntos, chegan a un lugar novo nunca pisado por ninguén. Alí terán que enfrontarse a numerosos perigos e descubrir novas criaturas nunca documentadas.

Poderase ver o venres, sábado e domingo, ás 16:00 horas, ás 18:15 horas e ás 20:30 horas; e o luns e martes próximos ás 17:00 horas.

SPORTUR GALICIA 2022