Os hospitais requiren sangue dos grupos A positivo, 0 positivo e 0 negativo e solicitan a colaboración cidadá

IES CHAMOSO LAMAS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai unha convocatoria xeral para a participación de galegos e galegas na doazón de sangue e, de xeito especial, aos doadores dos grupos A Positivo, 0 Positivo e 0 negativo. As reservas destes colectivos presentan niveis baixos, polo que cómpre reforzar a convocatoria permanente de participación nas campañas de doazón. Cómpre lembrar que os hospitais galegos necesitan entre 400 e 500 diarios para realizar correctamente o seu labor asistencial.

Por iso, a xenerosidade e o altruísmo de toda a cidadanía é fundamental, por iso ADOS solicita un esforzo especial para aumentar as reservas de sangue.

SPORTUR GALICIA 2022

Ademais, as diferentes unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán estes días diferentes concellos galegos e tamén se poden facer achegándose ós hospitais.