No pleno municipal de hoxe xoves, un dos puntos a tratar é unha proposta do grupo de goberno para bonificar nun 75% o imposto municipal de vehículos (IVTM) aos que teñan algún tipo de motor eléctrico ou híbrido. Asemade, o PP formulara a mesma proposta, a través dunha moción, hai un ano.
Do mesmo xeito que naquel debate, dende o BNG consideramos que hoxe en día os vehículos eléctricos xa son os que reciben máis axudas para a súa compra e aínda así a gran maioría da poboación non pode adquirir un vehículo eléctrico.Non nos parece xusto unha redución de impostos só para estes vehículos cando as persoas que teñen menos poder adquisitivo só poden permitirse un coche con motor de combustión tradicional e de segunda man, e sen embargo non teñen nin subvencións nin rebaixas de impostos.
PROPOSTA DE ACORDO.
PRIMEIRO. Aprobar provisionalmente a modificación da Ordenanza Fiscal Nº 2 Reguladora do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica, engadindo un apartado 3 ao artigo 4 Exencións e bonificacions co seguinte texto :
3. Gozarán dunha bonificación do 75 por 100 de cota do imposto os vehículos de mobilidade sostible entendendo por tal tanto vehículos eléctricos como os vehiculos hibridos (motor electrico-gasolina, electrico-dieses ou electrico-gas).
SEGUNDO. Expor ao público o anterior Acordo mediante anuncio que se inserirá no taboleiro de anuncios municipal durante o prazo de trinta días hábiles, a contar desde o seguinte ao de publicación do devandito anuncio no Boletín Oficial da Provincia, dentro do cal as persoas interesadas poderán examinar o expediente e presentar as alegacións que estimen oportunas
TERCEIRO. Considerar, no caso de que non se presentasen reclamacións ao expediente, no prazo anteriormente indicado, que o Acordo é definitivo, en base ao artigo 17.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
CUARTO. Facultar á Alcaldía para subscribir os documentos relacionados con este asunto».