Concello de Piñor: Programación de Actividades 25 N

O Concello de Piñor informa da súa programación de actividades para conmemorar o día 25 de Novembro, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

I XORNADA DE EDUCACION FAMILIAR POLA IGUALDADE

AVANTAR ACTIVIDADES

Por unha banda, este sábado 26 de novembro terá lugar a I XORNADA DE EDUCACION FAMILIAR POLA IGUALDADE, dende as 16h na Praza do Arenteiro, actividade do Programa de Educación Familiar financiado pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19. Dita xornada, de entrada libre e gratuita, inclúe as seguintes actividades:

  1. 16h: Obra de teatro “AVOAS”, representada por Run Run Teatro:  un espectáculo no que unhas avoas chegan á biblioteca coa proposta anual de actividades: Letras para todas e todos, tarde de bingo pola igualdade, atenta coa ferramenta, ximnasia de mantemento e taller de memoria serán algúnhas das propostas para este ano.
  2. 17h: XINCANA PARA TODA A FAMILIA: As familias participantes deberán cumprir unha serie de misións vinculadas á loita pola igualdade de xénero. Non haberá espazo para aburrimento!
  3. SORTEO DE AGASALLOS ENTRE OS/AS NENOS/AS PARTIPANTES: Varios kits de contos serán sorteados entre tódolos/as cativos/as asistentes, levando con eles a mensaxe da igualdade de xénero ás familias e fogares.

EXPOSICIÓN “EXPESSARTE”: 15 VISIÓNS

Como integrante da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, o Concello de Piñor acollerá dende o 24 de novembro ó 13 de decembro a mostra “15 visións”, unha exposición que recolle o traballo artístico realizado por 15 mulleres vítimas de violencia de xénero versionando obras de arte recoñecidas na historia, como “A Gioconda” de Miguel Ángel ou “La Maja Vestida” de Goya. Tódalas fotografías ofrecen unha perspectiva diferente baixo o prisma de xénero das realidades que son representadas en cada unha das imaxes. As quince fotografías que se amosan foron realizadas desde un programa de inserción laboral para mulleres víctimas de violencia de xénero e impulsada pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL).

As obras están expostas no edificio do concello, e pode visitarse no horario de apertura ó público, sendo de luns a venres de 8:30h a 15h.