Este venres as 20:30 h Badal Novas retrasmitirá en directo ( por streaming ) o acto de entrega dos premios Arenteira 2022

Será a través do facebook de Badal Novas onde se podrá seguir en directo a entrega dos premios Arenteira 2022

Enlace a Facebook de Badal Novas PREMER NA IMAXE

AVANTAR ACTIVIDADES

RESUMEN DO ACTO DE PRESENTACIÓN DOS PREMIOS 2022 que tuvo lugar a principios de novembro no Aparthotel que da nome os premios: ApartHotel Arenteiro

O responsable do ApartHotel, Uriel Bernárdez, agradecía a colaboración do concello do Carballiño por ceder o espazo do auditorio para celebración do acto de entrega destes premios.

O presidente do xurado, Xosé Luis Sobrado, daba a coñecer os galardoados nesta 11ª edición. Na modalidade de Cultura e Investigación, don Eduardo Bernárdez. Na modalidade de Deportes, o premiado é o Club Baloncesto Maside.

A título póstumo, a Arenteira premia a María Teresa Miras Portugal, persoa nacida e estreitamente vinculada co Carballiño, foi, ademais, a primeira galardoada coa Arenteira no apartado de Cultura e Investigación.

Este ano, a organización creou un novo apartado, baixo o título “Superación Escolar”, un premio que busca integrar ós mozos e facelos partícipes deste galardón como parte importante da sociedade. Neste caso recae sobre Jennifer Manzano Montoya (14 anos).

O membro do xurado e con marcada traxectoria no eido da docencia, Manuel Amil, destacou a relevancia deste último premio, incorporado este ano, e para o que se conta en exclusiva co voto dos centros educativos do Carballiño e do Ribeiro que ofertan ESO e Bacharelato.