A Pastelería Royal crea a igrexa da Veracruz en 300 kg de azucre

Onte, a Pastelería Royal presentou a súa última creación. Xa nos teñen acostumados a grandes obras, en chocolate ou en diferentes materiais, que non deixan a ninguén indiferente. Neste caso, realizaron unha mostra en gran tamaño da igrexa da Veracruz, con todos os seus detalles.

A peza foi realizada durante nove meses de duro traballo para darlle forma. Ten unhas dimensións de 2 metros de alto por un metro de ancho e ten un peso de 322 kg de azucre.

AVANTAR ACTIVIDADES

A esta presentación acudiu o tenente alcalde, Manuel Dacal, e outros membros da corporación e ademais, a peza foi bendecida polo párroco

O seu creador, José Manuel de la Iglesia, explicounos máis da creación desta peza.