O grupo socialista reclámalle á Xunta que garanta a cobertura do persoal do servizo de prevención e extinción de incendios

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez, reclamoulle hoxe á Xunta que garanta a cobertura do persoal encargado da prevención e extinción de incendios forestais. A parlamentaria socialista presentou unha proposición no de Lei para mellorar as condicións laborais deste persoal e garantir a formación adecuada dos responsables do Mando Operativo, que foi rexeitada polo PP.

Carmen Rodríguez Dacosta esixiulle ao goberno galego que garanta a cobertura da incapacidades temporais e permanentes, das vacacións e baixas que provocan cada ano que o sistema de prevención quede descuberto e “se produzan saídas a incendios con brigadas mermadas de persoal”. Alertou da gravidade desta situación polo “risco que supón para os traballadores e traballadoras e a ineficacia do dispositivo”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Alertou do “horizonte indefinido e borroso” na situación laboral destes traballadores, que padecen da “política nula de cobertura de vacantes” por parte do goberno, que os deixa nunha situación de “inseguridade xurídica”, ademais da “evidente descoordinación”. Tamén fallan os protocolos de traballo por parte duns xestores que renuncian ao “respecto a un convenio colectivo en vigor negociado cos traballadores”.

O persoal laboral, engadiu, acude ao traballo con “retrasos indebidos” en canto á dotación de medios, bases nulas que “incumpren a normativa de seguridade e hixiene”, e continúan sen remodelar as bases de persoal operativo, que “nunca chega a concluírse”, cun persoal contratado 6 meses ao ano, deixando o servizo desatendido na temporada deinverno.

Mando Operativo

Rodríguez Dacosta responsabilizou ao goberno galego da “desorganización, descoordinación e ineficacia” do novo Mando Operativo do sistema de prevención de incendios, como quedou demostrado nos grandes incendios do pasado verán. Daquela, dixo, foi implantado teoricamente o 2 de xuño, pero “só no papel”, xa que foi “imposible telo implementado con suficientes garantías ao comezo da temporada de alto risco de incendios”, que comeza en xullo.

Reclamoulle ao goberno galego que garanta a formación necesaria do persoal do servizo de prevención de incendios asignado ao Mando Operativo de cara á nova temporada de incendios, elaborando as estruturas de actuación e preparando un protocolo de procesos de comunicación. Tamén reclamou os cronogramas de actuación de todos os incendios forestais rexistrados no pasado verán, tal e como figura no Pladiga o ano pasado.