A Deputación organiza no Campus unhas xornadas para establecer sinerxías entre emprendedores e posibles investidores

A Escola Superior de Enxeñaría Informática acolle os “Demodays-TFE” o 29 e 30 de novembro 

Ourense, 26 de novembro de 2022.- A Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do Campus de Ourense acolle o 29 e 30 de novembro os “Demodays -TFE”, unha iniciativa organizada pola Deputación de Ourense e que está encadrada dentro das actividades do proxecto “Nova – TFE”, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V A España Portugal (POCTEP) 2014 – 2020.

AVANTAR ACTIVIDADES

O obxectivo desta actividade é establecer sinerxías ou conexións entre emprendedores e posibles investidores para impulsar ou relanzar proxectos empresariais. 

Nestes dous días van participar empresas de tan variados ámbitos como a aeronáutica, arqueoloxía, ou impresións 3D, para expoñer a súa experiencia, e as súas propostas ante aqueles interesados nas mesmas, como poden ser posibles investidores, socios estratéxicos,  ou clientes, así como estudantes ou público en xeral.

Para ampliar información ou inscribirse nas mesmas, pódese realizar na dirección https://demodays.novatfeourense.info