O BNG acada apoio unánime do pleno municipal de Cartelle para a estruturación parcelaria da parroquia de Sande

Manuel Osorio tras concitar o apoio municipal, insistiu na urxencia de que a administración  local  de Cartelle dé cumprimento aos acordos recollidos na moción nacionalista 

Cartelle, 26 de novembro de 2022. o voceiro municipal do BNG de Cartelle, Manuel Osorio, acadou o apoio da corporación municipal  do concello de Cartelle para a adecuación territorial da parroquia de Sande mediante a agrupación, redimensionamento e mellora de estruturas e infraestruturas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os nacioalistas levaron ao pleno de Cartelle do mes de novembro a demanda que o BNG viña reivindicado desde fai meses, e tras o debate na corporación municipal, Manuel Ososrio acadou que a  moción para a tramitación da estruturación parcelaria da parroquia de Sande fose aprobada de forma consensuada pola maioría dos grupos presentes no ente municipal. 

O BNG de Cartelle, sinalou Osorio, solicitamos que o antes posible, desde o  concello de Cartelle, se leven a cabo as actuacións encamiñadas a dar cumprimento a moción aprobada, sinaldamente a consulta cas oficinas de Medio Rural en Ourense encargadas de concentración parcelaria, así como as autorizacións e firmas dos propietarios da parroquia de Sande.

Manuel Osorio  manifestou que é unha necesidade primordial potenciar a conservación e permanencia dos elevadísimos valores territoriais, agrarios, gandeiros, forestais,  medioambientais, patrimoniais e paisaxísticos cos que conta a parroquia de Sande a través da reorganización espacial e funcional da súa estrutura territorial existente, de acordo cos criterios dunha ordenación adecuada e sostible dos seus aproveitamentos, cualesquera que sexan, para facer rentábel e viable a actividade produtiva, e que sirvan de freo o despoboamento do medio rural.