A Xunta amplía o prazo para participar no programa “Xuntos polo Nadal”

A Xunta ampliou o prazo para participar no programa Xuntos polo Nadal, que ofrece estadías 100% gratuítas, pensión completa para persoas maiores que viven soas ou que non teñen con quen pasar estas datas. Deste xeito, o Goberno galego pon a disposición 540 prazas nas Residencias de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán, e O Carballiño entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 5 de decembro e poderá realizarse a través da sede electrónica, nos centros de atención social ou no concello de orixe. Ademais, pódese obter información na canle 65, chamando ao 900 333 666.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os beneficiarios deberán ser maiores de 60 anos, estar empadroados nun concello de Galicia e vivir sos na casa ou ter que pasar só as datas de Nadal.