A CEO organiza unha xornada de liñas de financiamento de Sogarpo para o sector industrial

Organizada pola Confederación Empresarial de Ourense en colaboración coa Sociedade de Garantía Recíproca de Pontevedra e Ourense (Sogarpo), a xornada online desta mañá centrouse na explicación da PAEI, unha liña de financiamento para investidores do sector industrial que conta cunha importante bonificación Next Generation do Ministerio de Comercio e Industria, a través do seu organismo dependente CERSA que, á súa vez, é o reavalista público da maior parte de riscos que as sociedades de garantía recíproca asumen mediante a prestación do seu aval.

Neste webinar, presentado polo secretario xeral da CEO, Jaime Pereira, interviñeron o delegado da oficina en Ourense, Alberto Blanco, e o director comercial de Sogarpo, Fernando Carbonell, para explicar os detalles e procesos para a realizar unha tramitación máis áxil desta liña, que estará en vigor ata o 31 de decembro do próximo ano, 2023, ou ata esgotamento dos fondos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así mesmo, explicaron as liñas xerais de Sogarpo Axiña, unha nova iniciativa da entidade para reforzar as canles de colaboración entre entidades financeiras e pemes en materia de financiamento empresarial e que mediante unha estrutura de cofinanciación entre entidades de crédito e sociedades de garantía recíproca, ofrecerá solucións financeiras moi rápidas e en condicións preferenciais para cubrir tanto necesidades de investimento como de circulante a longo prazo para a pemes.