A Ruta das Tapas de decembro estará adicada ós pratos con culler

Esta mañá, no café bar Loft do Carballiño, tivo lugar a presentación dunha nova xornada da Ruta das Tapas, adicadas neste mes de decembro ós pratos de culler. Serán d enovo 13 locais de hostalaría os que participan na iniciativa o primeiro e segundo venres de mes. O concelleiro de turismo, Manuel Dacal, recordou que os premios desta edición serán de 1+14 amigos, desfrutando de experiencias gastronómicas cos tres colaboradores: Pazo Tizón, Estrella Galicia e a Asociación de Pulpeiros.

O Centro Comercial Aberto colabora unha vez máis ca iniciativa e anima a todos a participar, desfrutando dos pratos e tamén entrando no sorteo dos agasallos, mensaxe que tamén envían dende Pazo Tizón.

AVANTAR ACTIVIDADES

Como representación dos hostaleiros, César Álvarez, do restaurante Fuchela, destaca o esforzo de cada un deles, e tamén a boa acollida dos clientes en cada edición.

A continuación amosámolles cada unha das tapas que poderán degustar mañá venres.