- Incrementouse en medio millón de euros máis respecto ao orzamento de 2022.
- Este novo presuposto contempla as dotacións axeitadas e suficientes para facer fronte a inflación, ao funcionamiento dos servizos municipais e poder seguir mellorando a calidade de vida dos veciños.
- Ademais non hai un incremento de impostos para os cidadadáns de San Cibrao das Viñas.
San Cibrao das Viñas, mércores 30 de novembro de 2022
Esta mañá tivo lugar o pleno municipal no que se aprobou o presuposto anual para o 2023 do Concello de San Cibrao das Viñas. O orzamento para este novo ano ascende á cifra de 6.515.788,28 €. Deuse un Incremento de 502.658,28€, un 8,36% máis en relación ao 2022.
A aprobación foi resultado da votación con 10 votos a favor do grupo de goberno e 3 votos en contra da oposición.
“Trátase dun novo presuposto que contempla as dotacións axeitadas e suficientes para facer fronte aos gastos, tanto para o funcionamiento dos servizos municipais como para mellorar a calidade de vida dos veciños”, asegura o alcalde, Manuel Pedro Fernández.
“Deste xeito, contémplase tamén a subida de prezos que estamos a sufrir como consecuencia da elevada inflación” conclue o edil municipal, confirmando que se respeta o principio de transparencia.
Ademais da subida para gastos municipais, non se van incrementar os impostos aos veciños, pois non se actualizou a subida do IPC en ningunha cantidade a pagar polos cidadáns.
Por outra banda, con este presuposto preténdense aumentar os servizos sociais, máis actividades deportivas e culturais, sen abandonar as restantes áreas. O obxectivo principal é manter unha estabilidade, sen descoidar ningún ámbito municipal.
Estes presupostos contan con cero euros de débeda, xa que o Concello de San Cibrao das Viñas non ten ningún descuberto.
RESUMO POR CAPÍTULOS DOS PRESUPOSTOS CON MAIOR IMPORTANCIA:
- GASTOS EN PERSOAL: 1.576.013,20€, cun incremento de 7.66%, representando tan só un 24,18% do presuposto total.
Fundamentalmente a subida do gasto en persoal está xustificada na adecuación dos soldos a relación de postos de traballo aprobada neste ano 2022, e na actualización dos salarios respecto ao IPC acordado polo Goberno de España.
Dentro desta dotación hai que destacar que haberá dous novos postos de funcionariado: un de administrativo e outro de técnico de contratación, que se atopan nestes momentos en tramitación. Tamén haberá unha nova vacante de tesoureiro e outro de monitor deportivo, que aínda están pendentes de convocatoria.
- GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVIZOS: 4.197.175,08€, cun incremento do 10,57%, que representa un 64.41% do presuposto total.
Este capítulo contempla os gastos para afrontar os servizos sociais primarios, a atención a domicilio, a escola infantil, as actividades deportivas, culturais, alumeamento público, saneamentos, depuración e recollida de lixo.
O incremento da cantidade económica neste capítulo quedaría desglosada do seguinte xeito:
- Servizos sociais e atención domiciliaria: 506.204,99€, cun incremento do 13,50%.
- Servizos deportivos e culturais: 336.620€, cun incremento do 6,82%.
- Gardaría municipal: 272.000€, cunha subida do 29,15%, debido a nova licitación e a gratuidade da atención educativa cofinanciada coa Xunta de Galicia.
- Alumeamento municipal. Debido ao cambio de iluminación a LED quedan presupostados 458.000€, en base ao que se gastou este ano 2022. A subida do prezo da luz, provocou o encarecemento nesta partida, que non foi tan alta, grazas a substitución de todas as luminarias.
- TRANSFERENCIAS CORRENTES: ascenden a un total de 190.100€, que contemplan as partidas de subvencións para:
- Fomento da natalidade.
- Adquisición de material escolar.
- Transporte escolar fora da provincia.
- Familias con servizo de madrugadores.
- Eventos tradicionais como festas patronais, magostos, entroido, etc..
- Fomento das actividades deportivas e culturais.
- Compre destar a axuda para o fomento da mobilidade sostible nos Polígonos de San Cibrao das Viñas, Barreiros e Tecnópole.
- INVERSIÓNS REAIS:ascenden a un total de 549.500€
Neste capítulo contémplanse os gastos destinados a:
- Mellora e construción de novas infraestruturas, como beirarúas e camiños.
- Mellora dos parques infantís existentes.
- Compra de terreos destinados a novos locais sociais e zonas deportivas.
- Compra de maquinaria e novo vehículo municipal.
- Construción e mellora de novas instalacións deportivas. Prevese a apertura da nova piscina para os pequenos en Soutopenedo cunha renovación do céspede, así como as novas bancadas para a pista do lado das piscinas de Ponte Noalla.
- Mellora no saneamento do Polígono de San Cibrao das Viñas.
5. TRANSFERENCIAS DE CAPITAL
- Subvención nominativa á Asociación de Montes de Soutopenedo para o proxecto de mellora do velorio, que non se levou a cabo nos pasados anos. Como non puido executarse, destínase unha partida económica para este capítulo.