Pensando nos nenos e nenas de Ribadavia, que son a alma do Nadal, nas súas familias, o concello procedeu á montaxe do novo carrusel/tiovivo típico navideño e cunhas dimensións moito máis amplas que o do ano pasado, para dar cabida a un maior número de nenos/as e totalmente gratuíto.
A ubicación este ano ten que ser modificada; a praza Buxán, en pleno casco histórico, que era idónea para esta actividade, nesta ocasión ten que estar situado na alameda, fronte ao castelo debido ás novas dimensións. Este carrusel será estreado en Ribadavia, xa que é unha nova adquisición da empresa contratada. Esta actividade, segundo a administración, é levada a cabo cun gran esforzo por parte do concello; este tipo de atraccións nesta época son moi demandadas, e leva consigo moita dificultade contratalas e conseguilas.
A súa alcaldesa, Noelia Rodríguez, quixo agradecer a colaboración dos patrocinadores, sen os que afirma que non sería posible contar cas iniciativas que levan a cabo este Nadal.
O venres dia 2 decembro, acenderán as rúas do concello con motivo das festas de Nadal, como se anunciou en sesión plenaria, para aproveitar a ponte festiva. Ademáis incrementarase a iluminación navideña nas parroquias e nas periferias. Entre outras, anunciarán oficalmente e abrirán prazos para as diferentes actividades de conciliación de NADAL.