Ribadavia volverá celebrar Ribadanal.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Do 23 de decembro ao 5 de xaneiro.

O CONCELLO DE RIBADAVIA TERÁ SERVIZO DE CONCILIACIÓN NO NADAL NAS VACACIÓNS ESCOLARES

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Ribadavia presentará en breve un amplo programa de actividades pensadas para os nenos e nenas de Ribadavia, que son os que máis ilusión teñen nestas festas. Pero con estas festas, son os pais e as nais as que en moitas ocasións teñen nestas datas problemas para conciliar vida laboral e familiar. Neste sentido, desde o Concello pretÉndese un ano máis faciliar a conciliación dos veciños e visitantes cunha importe oferta de conciliación e de lecer para os máis pequenos das casas.

Brais Fidalgo, como responsable da Concellaría de Dereitos Sociais, destaca que o obxectivo de RIBANADAL é o de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Ribadavia durante o nadal, polas mañás e polas tardes, todos os días das vacacións, excepto os domingos. Ribadavia é un dos concellos da provincia con mellor e maior oferta de conciliación, tamén en Nadal.

Este programa tamén ten como obxetivo o disfrute no tempo de nadal, dos nenos e das nenas, tanto dende un punto de vista pedagóxico, como no de poder vivir unha experiencia que axude a potenciar o seu desenvolvemento persoal e autonomía.

O periodo da actividade comprende do 23 de decembro de 2022 ata o 5 de xaneirode 2023.

RIBANADAL 2022: DO 23 DE DECEMBRO AO 5 DE XANEIRO.

ACTIVIDADES NO PAVILLÓN:

I. Todas as tardes de Nadal no Pavillón do Consello. Entrada Libre.

– Horario: todas as tardes das vacacións escolares de nadal, de 16.30h a 19.30h. (excepto domingos, noite boa e noite de reis).

– Actividades Lecer, con tres tivos de actividades:

1. -Espazo Infantil:

1 Hinhable 5×5 (Plataforma)

1 Hinchable 8×6 (Plataforma con rampa)

1 Hinchable 6×4 (Rampa)

Xogos tradicionais e de habilidade para nenos/as de pequena idade .

2.- Espazo Xoven: 1 Gincana hinchable de 27 x 5 –

1 circuito de triciclos hinchable Razer Derrape 1 Futbolín Humano hinchable 12 x 5 –

2 Tobogán 7x5x3 Tiro ó arco, Bádminton, Conecta 4 Xigante e Xogos populares. Disco Movil permanente.

3.- Espazo Obradoiros: Obradoiro globofléxia, Obradoiro Manualidades, Obradoito de chapas, Obradoiro de Maquillaxe, Obradoiro de Tatoos, Visita de Mickey e Minnie Mouse, Goofy, Donald e Daysi e o día 24 Visita de Papanoel con bolsiña de chuches para os nenos e Actuación Mago.

II. Conciliación no Nadal, todas as mañás no Pavillón do Consello.

– Horario: de 9h a 14h, todos os días das vacacións escolares de nadal. (excepto domingos pero incluídas as mañás de noite boa, de fin de ano e reis).

– Prazo inscrición para a conciliación de Nadal en horario de mañá, é do 1 ao 15 de decembro. No departamento de servizos sociais.

– Taxas:


Todo o Período Ribanadal

25€ empadroados

50€ Non empadroados

(Periodo en Decembro ou Periodo en Xaneiro)
15€ empadroados25€ Non empadroados

Todo o Período Ribanadal para:Familias numerosasFamilias monoparentaisPor segundo ou máis irmánsNeno/a con discapacidade

15€

40€

Este ano, ademais de RibaNadal, o Concello ten preparadas máis actividades e presentará esta semana unha programación cultural e festiva para estas datas.