O C.D. Arenteiro enfróntase este domingo ó Ourense C.F.

Fin de semana de fútbol na nosa contorna. Neste caso, derbi de altura ourensán. O C.D. Arenteiro recibirá na súa casa, en Espiñedo, ó Ourense C.F. este vindeiro domingo. O encontro será ás 12:00 horas. Os verdes seguen líderes, cunha diferenza notable de 27 puntos fronte os 23 do seguinte, o Guijuelo.

Neste caso, o que tamén é líder na súa categoría, o Sporting Carballiño, xogará o domingo ás 16:00 horas fronte o Seixalbo, fora da casa, no Carqueixal.

AVANTAR ACTIVIDADES