O Cine Club cambia o filme desta noite para proxectar “Utama”

O Cince Club ten que facer un cambio imprevisto de última hora para este venres día 2 de decembro. Por problemas coa copia, non poden proxectar “Argentina 1985” e proxectarán a película que estaba programada para o venres día 9, “Utama“. 

No altiplano boliviano, unha parella de anciáns quechuas leva anos vivindo a mesma vida cotiá. Durante unha seca inusualmente longa, Virginio e mais a súa dona Sisa enfróntanse a un dilema: resistir ou ser derrotados polo entorno e o propio tempo.

AVANTAR ACTIVIDADES