O concello de Ribadavia demanda a colocación de marquesiñas no Ies Ribeiro.

Esta Marquesiña foi solicitada desde o Concello á Consellaría de Mobilidade e Infraestruturas, titular na Xunta desta competencia, na primavera de 2021, e de novo solicitada polo Concello á Xunta a raíz do escrito da ANPA do IES RIBEIRO.

Informar que continuaremos reclamándoa ata que a demanda sexa atendida pola Administración titular, da mesma maneira que consta que se está a facer por parte da Xunta noutros municipios.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tres Marquesiñas:

Así, ademais do IES O RIBEIRO, desde o Concello tiñan solicitado parada e marquesiña no Exterior Estación Buses, no barrio de San Francisco, e na Casa da Cultura, na Avenida de Redondela. O obxectivo das marquesiñas é ter un lugar de referencia ao mesmo tempo que se diversifican os puntos de parada dos buses na vila de Ribadavia, reforzando tamén outro punto de parada do bus escolar que tamén existe na Casa da Cultura.

Modelo de Marquesiñas:

Ribadavia solicita un modelo de Marquesiñas semellantes ás que a Xunta ten colocado nestes concellos. Amplas e con materiais metálicos e de cristal. Falamos dunha Marquesiña formada por pórticos metálicos e cuberta por un arco metálico inclinado, de aceiro galvanizado e vidro. Así mesmo, pedimos que as obras inclúan a instalación de alumeado público.

No caso do Pereiro de Aguiar, a Entidade contratante foi a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda.