Actividades para toda a familia no Nadal de San Cibrao das Viñas

  • “As actividades están centradas en dous ámbitos clave: a cultura e o deporte, tendo sempre en conta aos protagonistas do Nadal, os máis pequenos”, destaca o alcalde, Pedro Fernández.
  • Papá Noel fará un percorrido por todas as parroquias do Concello durante a mañá do 23 de decembro e o encontro cos rapaces será á redor das 16:30h no Polideportivo de San Cibrao onde se fará a entrega dos agasallos.
  • Para os amantes do deporte e a natureza volve a tradicional Carreira Pedestre que se celebra o 18 de decembro.

San Cibrao das Viñas, luns 5 de decembro de 2022

Esta mañá presentouse no Concello o programa completo de actividades que se levarán a cabo no Concello de San Cibrao das Viñas para celebrar este Nadal, onde se reflexan diferentes actividades para toda a familia.

AVANTAR ACTIVIDADES

“As actividades están centradas en dous ámbitos clave: a cultura e o deporte, tendo sempre en conta aos protagonistas do Nadal, os máis pequenos, destaca o alcalde, Pedro Fernández.

“O Nadal é unha época de encontro, e por iso, pensamos en organizar actividades, talleres, cursos e concursos nas que todos os veciños e veciñas poidan participar”, sinalou Fernández.

Ao acto de presentación da programación de Nadal tamén acudiron a tenente de alcalde, Marta Nóvoa, e a Concelleira de Cultura e Servizos Sociais, Mónica Prieto.

Os veciños que o desexen poden participar no Curso de Decoración Floral Navideña que se celebra nos diferentes locais sociais do Concello o 10, 16 e 17 de decembro.

O 18 de decembro o Concello organiza a XIX Carreira Pedestre de San Cibrao, unha proba incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo, con distancia homologada de 10.000 metros. A organización contará co asesoramento da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo, o Comité de Xuíces e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido. A inscripcións permanecerán abertas ata o xoves 15 de decembro.

O 23 de decembro Papá Noel fará un percorrido por toda as aldeas do Concello durante a mañá, con parada final no Polideportivo de San Cibrao das Viñas para o encontro cos rapaces ao redor das 16:30 horas.
Papá Noel estará acompañado dos elfos para entregar os agasallos a todos os rapaces anotados que previamente se teñan anotado e presenten o o correspondente ticket.

Para os que lles gusta a decoración navideña e a fotografía de Nadal, o Concello convoca os Concursos de Decoración Navideña e de Fotografía Navideña. Os interesados en participar poden consultar as bases completas na páxina web do Concello. O prazo de presentación de candidaturas para participar remata o 9 de xaneiro.

CAMPAMENTO DE NADAL PARA OS NENOS

Para facilitar a conciliación familiar, celébrase o Campamento de Nadal durante os días 26, 27 e 28 de decembro e os 2, 3 e 4 de xaneiro. Está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos empadroados en San Cibrao das Viñas. Serán xornadas multiculturais nas que se levarán a cabo diferentes actividades deportivas e de ocio para os máis cativos. As actividades terán lugar no Pavillón Polideportivo Municipal, o Centro Social de O Piñeiral e completarase cunha excursión á estación de montaña de Manzaneda. O campamento xa se atopa con todas as prazas ocupadas.

Tamén haberá música, a Banda Municipal de San Cibrao das Viñas ofrecerá dous Concertos de Nadal. O primeiro o 7 de xaneiro na Igrexa de Ponte Noalla ás 18.00 horas e o segundo, o día 8 de xaneiro, na Igrexa de San Cibrao das Viñas ás 11.30 horas.

Como non podía ser doutra forma, este ano tamén se levará a cabo a Recollida Solidaria de Alimentos na Biblioteca Municipal do 9 ao 13 de xaneiro.