O BNG denuncia que cada festa – mitin de precampaña de Jácome cústalle aos ourensáns e ourensás 10.000 euros

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense quere chamar a atención sobre un feito acaecido no Pleno celebrado o pasado venres e no que o alcalde respostaba, en relación coa celebración dunha festa en Mariñamansa, que o concello colaboraba con 10.000 mil euros a un particular para a contratación dunha orquestra de renome, e que despois este subcontrataría a terceiros para o seu desenvolvemento.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para o Portavoz municipal e candidato á alcaldía Luís Seara, “chama a atención que se vaia celebrar unha festa de barrio que nunca se celebrou nestas datas, e que se fai á marxe do tecido social do propio barrio, tal e como recoñeceu no Pleno o alcalde”.

Segundo Seara, “está cuestión que podería ser un feito extraordinario, estase a converter nunha práctica habitual por parte do alcalde, grazas á cal, a cambio de subvencionar a un particular, que se adica a facer negocio coas festas, fai de pregoeiro subindo ao palco para soltar un mitin, nalgunha ocasión, mesmo apoiado por imaxes que se proxectan na propia pantalla do escenario”.

Para a formación nacionalista, “este modo antiético de facer política e de dilapidar diñeiro público, evidencia o que o BNG ven denunciando desde o inicio do mandato, que Jácome e os seus secuaces, non veñen a servir ás veciñas e veciños, se non a servirse da política”.

Desde o BNG lembran que “Isto explica por que no Pleno de outubro o goberno municipal rexeitou unha moción do BNG na que se propuña, tal como se fixo no pasado, que se aprobara un novo plan estratéxico de subvencións que permitira dotar á area de Cultura, do instrumento de planificación das súas políticas públicas e do fomento dunha actividade de utilidade pública ou de interese social”.

Luís Seara conclúe remarcando que “o que cando estaba na oposición criticaba que se deran subvencións a dedo, agora fai o propio, co agravante de que estas non van para asociacións sen ánimo de lucro, senón que se lle dan a un particular que o único que está é a facer negocio coas festas”.