A Coral Polifónica do Casino presentou esta mañá, no concello do Carballiño, o seu concerto de Nadal, marcando xa a tradición de cada ano. O evento celebrarase este vindeiro sábado, día 10, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño, con entrada gratuíta. Na presentación de hoxe estiveron acompañados polo alcalde, Francisco Fumega.
Este ano celebran a súa 29ª edición, e para ela contarán ca colaboración da Banda de Música de Vilatuxe. O director da coral, Jaime González Pichel, explicounos hoxe máis sobre o concerto que teñen preparado.
Pilar Caballero, vicepresidente da Coral, destacou a importancia de poder celebrar todos xuntos, xa que o pasado ano aínda pola pandemia, tivo que ser en diferido.
Pola súa banda, o concelleiro de Cultura quixo animar a todos a acudir a este evento, destacando a calidade e variedade deste concerto.