Espazo Común pide explicacións ó concello por ter que devolver a subvención do departamento de orientación laboral

A formación de Espazo Común do Carballiño informa a través dun comunicado de que o concello vese na obriga de devolver á Consellería de Emprego a cantidade de 7.000 euros ante a imposibilidade de xustificar o funcionamento ininterrumpido do departamento de Orientación Laboral. O comunicado emitido foi o seguinte:

“O alcalde do Concello do Carballiño, señor Fumega, vén de asinar un decreto recoñecendo a obriga de devolver á Consellería de Emprego a cantidade de 6.985,95€ ante a imposibilidade de xustificar o funcionamento ininterrumpido do departamento de Orientación Laboral.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os feitos remontanse a meses pasados cando por despedimentos inxustificados e decisións incomprensibles tomadas sen sentido nin lóxica algunha, dito departamento quedou sen persoal algún e tivo que ser pechado durante máis dun mes.

Dicimos “incomprensibles” porque existindo unha subvención xa cobrada para o gastos dos traballadores adscritos e unha lista de contratación de persoal temporal a tal efecto, o acontecido resulta absolutamente inexplicable.

Espazo Común xa alertou cunha moción en xaneiro de 2021 do desmantelamento dun área que chegou a contar, en 2018 baixo a xestión de Adolfo Nogueira, con 6 traballadores adicados a axudar a todas aquelas persoas que precisaran asesoramento e apoio para a súa inserción no mercado laboral. Todo sen custo algún para o Concello pois todos eles eran subvencionados por diferentes liñas da Xunta de Galicia.

A deriva era evidente, cunha evidente reducción dos servizos que alí recibiron centos de veciños en diferentes momentos ata que no pasado mes de septembro despois de despedir ás traballadores que había, a persiana do servizo quedou pechada ata máis dun mes despois. Este período de inactividade implica, ademáis do grave perxuizo para os usuarios, a perda deses 7.000 € que haberá que devolver. Agardamos algunha explicación do tándem Fumega-Dacal”.