Maside celebra o Nadal con adornos feitos artesanalmente pola comunidade

O municipio de Maside xa deu a benvida ó Nadal e fíxoo da mellor maneira. Os adornos coronan as rúas, creando o ambiente desexado para estas datas. Como cada ano, con esforzo e dedicación. Neste caso, os adornos están feitos con materiais recollidos dos veciños e que xa non lle dan uso, como se pode ver nas imaxes (un baúl, madeiras, cercas, lámpadas de mesas, latas de café, roupa para facer gnomos, espuma de sofás, parques, palet, cadros, cordas, churros de piscina, focos de coches, trompetas, lanas, sofás, cubas de vino…).

O traballo foi realizado pola Asociación de Mulleres Santa Águeda, traballadores do concello, ca colaboración da profesora de pintura Grisel e a pintoa Ana Lorenzo, ambas veciñas do municipio, e tamén por todos os concelleiros e os traballadores. Comezaron ca súa elaboración no mes de outubro.

AVANTAR ACTIVIDADES