Baltar encadra a organización do encontro “Decembro Maker Talks” na transformacion dixital da provincai

Ás -11.00 horas: Presentación de “Diciembre Maker Talks”.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presenta “Diciembre Maker Talks” acompañado pola vicerreitora do Campus de Ourense, Elena Rivo, e o director da Escola Superior de Enxeñaría Informática, Francisco Javier Rodríguez. Este encontro dixital celebrarase no Campus o 16 e 17 de decembro arredor de catro vértices: “Espazos conectores”, “Ecosistema dixital”, “Negocio e tecnoloxía” e “Industria do videoxogo”. Lugar: Escola de Enxeñería Informática (Edificio Politécnico. Campus de Ourense)

A Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI) do Campus de Ourense acollerá o 16 e o 17 de decembro a primeira edición de “Decembro Maker Talks”, un encontro dixital promovido pola Deputación de Ourense dentro do proxecto europeo “Emprende Maker,” cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020. 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou esta mañá na ESEI na presentación deste evento acompañado pola vicerreitora do Campus de Ourense, Elena Rivo, e o director da Escola Superior de Enxeñería Informática, Francisco Javier Rodríguez. 

AVANTAR ACTIVIDADES

“Decembro Maker Talks” centrarase na innovación e a tecnoloxía, desde unha perspectiva didáctica e práctica, e nel abordaranse temas como a Internet das cousas, robótica, impresión 3D, ciberseguridade e videoxogos. Nace co obxectivo de reunir a profesionais de sectores como a Intelixencia Artificial, a impresión 3D, os videoxogos e a ciberseguridade, así como con representantes de espazos cidadáns concibidos como laboratorios transformadores e puntos de encontro de talento e para o coñecemento. 

Manuel Baltar recalcou na súa intervención a aposta da Deputación pola dixitalización e a innovación: “As situamos como panca de desenvolvemento para transformar a provincia mentres avanzamos na visibilización de Ourense como un territorio innovador, a través de proxectos promovidos polo goberno provincial como o Centro de FP Eduardo Barreiros, o edificio Provincia Intelixente, a Mobile Week Ourense ou a nova iniciativa arredor da dixitalización do ciclo da auga en Ourense”. 

E nesta estratexia innovadora, destaca o presidente da Deputación, é fundamental a cooperación: “Dentro da nosa frutífera alianza coa Universidade de Vigo estamos a fomentamos o modelo de innovación de triple hélice, entendéndoa como ese conxunto de interaccións entre a academia, industria e os gobernos para avanzar no desenvolvemento social e económico”. 

“No noso papel de ‘administración panca’ é fundamental impulsar proxectos como este, un fito máis na colaboración coa Universidade de Vigo que se suma a todas as iniciativas que ao longo deste ano achegaron ás novas tecnoloxías aos ourensáns”, destaca Manuel Baltar. 

Nesta liña, Elena Rivo recoñeceu a colaboración entre Deputación e Universidade de Vigo para fomentar proxectos conxuntos, “neste caso dando continuidade e pulo á sinerxía de colaboración xa existente entre a institución académica e a provincial, neste caso no marco dun proxecto transfronteirizo”. 

Ás -11.00 horas: Presentación de “Diciembre Maker Talks”.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presenta “Diciembre Maker Talks” acompañado pola vicerreitora do Campus de Ourense, Elena Rivo, e o director da Escola Superior de Enxeñaría Informática, Francisco Javier Rodríguez. Este encontro dixital celebrarase no Campus o 16 e 17 de decembro arredor de catro vértices: “Espazos conectores”, “Ecosistema dixital”, “Negocio e tecnoloxía” e “Industria do videoxogo”. Lugar: Escola de Enxeñería Informática (Edificio Politécnico. Campus de Ourense)

Catro eixos de traballo: espazos conectores, ecosistema dixital, negocios e tecnoloxía e videoxogos

1. Espazos conectores

Os relatores abordarán desde diferentes aspectos “o camiño que tanto as cidades grandes como as pequenas iniciaron cara á extensión no uso e desenvolvemento das tecnoloxías”, segundo sinalou esta mañá na presentación de “Decembro Maker Talks” Francisco Javier Rodríguez, “dando protagonismo a entidades e asociacións da sociedade civil que teñen asumido o reto de ofrecer espazos nos que se combina arte, cultura, emprendemento e sectores relacionados coa tecnoloxía (coa creación de centros de coñecemento, laboratorios cidadáns, fab labs, espazos de coworking, ateneos de fabricación dixital, etc).

O 16 de decembro pola mañá, realizaranse encontros con Edo Sadikovic e María Rodríguez, cofundadores de Sende, o primeiro coworking e coliving no rural; Nuria Robles, responsable do Laboratorio Digital Fab Lab León; e o director da ESEI, Francisco Javier Rodríguez. 

2. Ecosistema dixital

Ás -11.00 horas: Presentación de “Diciembre Maker Talks”.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presenta “Diciembre Maker Talks” acompañado pola vicerreitora do Campus de Ourense, Elena Rivo, e o director da Escola Superior de Enxeñaría Informática, Francisco Javier Rodríguez. Este encontro dixital celebrarase no Campus o 16 e 17 de decembro arredor de catro vértices: “Espazos conectores”, “Ecosistema dixital”, “Negocio e tecnoloxía” e “Industria do videoxogo”. Lugar: Escola de Enxeñería Informática (Edificio Politécnico. Campus de Ourense)

O segundo dos bloques titúlase “Ecosistema Dixital. Do hacker ao maker”. A cultura “maker”, explican desde a organización da actividade, é unha subcultura contemporánea que representa unha extensión da cultura DIY (faino ti mesmo) baseada na creación e perfeccionamento de distintas ferramentas para resolver problemas da vida cotiá. Nesta sesión dos encontros, detallan, presentarase “Argalleiros”, a guía “maker” para Galicia e Norte de Portugal, que ofrece “un percorrido polas orixes e a filosofía dun movemento que ten raíces máis profundas nesta eurorrexión do que a primeira vista poderiamos pensar”. Neste bloque tamén se dará a coñecer o estado actual da impresión 3D e algunhas das claves sobre a seguridade na rede da man dun experto hacker.

Neste ámbito, o 16 de decembro pola tarde sumaranse os encontros co deseñador gráfico Pablo Culebras; Lucía Míguez, fundadora de Rysia, empresa especializada en impresión 3D; e con Antonio Fernandes, responsable de ciberseguridade e “hacker”, e celebrarse o concurso. 

3. Negocios e tecnoloxía

Negocios e Tecnoloxía é o terceiro dos eixes da programación. Nel, da man de profesionais, abordaranse cuestións coma se a crise actual e a transformación dixital son unha oportunidade para o cambio; cales son as tendencias no mundo da tecnoloxía; que nichos de negocio podemos identificar ao noso redor; explorar se as empresas están a adaptar os seus modelos de negocio para enfrontarse aos novos retos, prepararse para o cambio ou abrir novas liñas estratéxicas ou que podemos atopar en plataformas, redes sociais, metaverso ou intelixencia artificial.

O 17 de decembro pola mañá, “Decembro Maker Talks” contará con Carlos Molina, creador de “Multiversial”; Manuel Meijide, director da compañía Ilux Visual Technologies; e con Edgar Martín Blas, da empresa Virtual Voyagers.

4. Videoxogos

O ecosistema do videoxogo vai máis aló do mero entretemento: está cada vez máis presente na nosa sociedade e é un sector que non para de crecer, tanto en afeccionados como desde o punto de vista económico”, resaltou esta mañá o director do ESEI, Francisco Javier Rodríguez. 

Os videoxogos están considerados como cultura debido a que, por unha banda, son un reflexo da sociedade; e por outro, absorben un amplo abanico de sectores profesionais: desarrolladores informáticos, deseñadores gráficos, guionistas, músicos, etc. Ademais, xeraron unha lucrativa industria ao redor da organización e retransmisión de encontros, con equipos profesionais, medios e comunicadores. Trátase dun dos sectores económicos máis puxantes na actualidade, e cun maior potencial de crecemento. 

O 17 decembro pola tarde, o encontro sumará a presenza de Valeria Castro, cofundadora e produtora do estudo Platonic Games; Roberto Yeste, director de Playstation Iberia; Miguel Á. Areán, de PolygoneStudios; e Cristian “Espartaco”, general manager en España e Latinoamérica do club Qlash. 

Concurso “Talento Maker”

En paralelo, “Decembro Maker Talks” contará coa celebración do concurso “Talento Maker”, unha iniciativa que nace co obxectivo de identificar as iniciativas maker que se están desenrolando en Galicia e o norte de Portugal, e en concreto na provincia de Ourense as que contribúen ao cumprimento dos obxectivos fixados na estratexia do programa “Emprende makers”.

Están dirixidos aos mozos con idades comprendidas entre 12 e 30 anos, con tres categorías: 

>Junior Makers; Estudantes de 1º a 3º de ESO

>Teen Makers: Estudantes de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato ou FP ata as 17 anos

>Senior Makers: Poderán participar estudantes de FP e Universidades, así como rapaces con habilidades e intereses makers non matriculados en ningún centro de formación, con idades comprendidas entre 18 e 30 anos. 

Poderanse presentar proxectos encadrados en catro áreas maker, e que competirán entre sí: robótica, impresión 3D, videoxogos e software e aplicacións móbiles ou de sobremesa.