Espazo Común alerta polas indemnizacións a varredores por despido improcedente

A formación de Espazo Común alertaba hoxe, a través dun comunicado de prensa, so pago ó que terá que facer fronte o concello por despidos improcedentes a varredores. Facíao a través das seguintes palabras:

“Resta e segue. A dinámica de malgastar moreas de cartos públicos a causa dunha pésima xestión do Concello comeza xa a ser certamente preocupante.

AVANTAR ACTIVIDADES

Cada día que ollamos un decreto de alcaldía novo, temos que ver como o alcalde Fumega recoñece erros, infraccións, ou asume sentenzas xudiciais que teñen un altísimo custo para as contas municipais.

No que vai de ano xa son numerosas as condenas ao Concello do Carballiño por despidos improcedentes, todas elas implicando indemnizacións para os despedidos.

Estamos seguros de que se o rexedor dirixira unha empresa con esta xestión xa levaría tempo en problemas.

No caso que nos ocupa, vemos como dous dos operarios de limpeza viaria que formaban parte da plantilla municipal e que foron despedidos para a privatización do servizo, veñen de gañar sendos xuízos ao Concello e de recibir indemnizacións por valor de máis de 7.000 €.

Descoñecemos se hai máis denuncias e se esta cifra pode aínda ir en aumento”.