O PSDEG acusa a JÁCOME de incumprir sua promesa sobre o plan de Bonos

 O PSdeG-PSOE de Ourense acusa ao alcalde Jácome de “incumprir descaradamente” a súa promesa sobre o programa de bonos para comercio e hostalaría local que anunciara o pasado mes de setembro, logo de coñecerse esta mañá que os incentivos non estarán dispoñibles ata xaneiro de 2023. Así as cousas, dende o grupo socialista aféanlle ao alcalde que actúe de xeito “unilateral” e esixen a convocatoria urxente dunha mesa de traballo para coñecer todos os pormenores desta nova fórmula que vén de anunciar o Concello.

Advirten tamén que solicitarán todos os informes que avalan esta nova campaña “que en pouco se parece ao inicialmente acordado e consensuado” e acusan a Jácome de levar a cabo unha “campaña de empadroamento encuberta” empregando “de xeito torticeiro” as redes sociais e recursos do Concello.

AVANTAR ACTIVIDADES

“Jácome fixo unha campaña electoral encuberta a través das redes institucionais do Concello utilizando o diñeiro público de todas e todos como gancho” censuran, ao tempo que lamentan que o alcalde enganase á cidadanía prometéndolle un regalo de Nadal de 100 euros por empadroarse.

As e os socialistas reiteran o seu apoio a calquera medida que implique a dinamización da economía local e o alivio económico das familias pero censuran o “fume electoral” de Jácome e que non existan bases nin convocatoria de ningún tipo, polo que esixen que se convoque unha xuntanza coa maior urxencia.