Néstor Rego denuncia a estafa da crise de prezos desde Ribadavia

O deputado no congreso dos deputados, Néstor Rego, que estivo acompañado de Maite Rodríguez e Esteban Suárez –voceiros do BNG en Ribadavia e Castrelo de Miño-, demandou a intervención no sector eléctrico, desvinculación do prezo do gas, prezos máximos de electricidade e hidrocarburos, suba de salarios e pensións, aumento das prestacións sociais ou unha reforma fiscal: propostas que o BNG trasladou no congreso dos deputados para evitar o empobrecemento das clases populares e dos sectores máis vulnebles.

“O deputado do BNG defendeu a necesidade dunha intervención pública no sector eléctrico para “pór coto aos obscenos beneficios das eléctricas, en 2021 só as 3 grandes, 6.500 millóns de euros mentres millóns de persoas teñen dificultades para pagar a luz”. Tamén destaca a urxencia de camiñar para unha nova regulación do sector eléctrico que acabe co sistema marxinalista e estabeleza os prezos en función dos custos reais de produción. “Crear empresas públicas ou estabelecer unha Tarifa Eléctrica Galega para compensar á Galiza os custos sociais e ambientais da condición de País produtor”.

AVANTAR ACTIVIDADES

“Para un goberno que se dí de esquerdas a prioridade non tería que ser aumentar o gasto en avións militares senon reforzar os servizos públicos, reforzar a industria, e plans de emprego” Sinalou Rego.

Hai alternativas, tamén fiscais ,hai que baixar impostos aos servizos e productos bàsicos e sobre todo os impostos non progresivos e subirlle os impostos a banca, ás electricas e as grandes fortunas.