O concello pon en marcha o concurso de escaparates de Nadal entre comercio e hostalaría

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello do Carballiño pon en marcha un ano máis o concurso de decoración de escaparates de Nadal, tanto para o comercio como para a hostalaría. Con el premiarase o esforzo e o traballo que realizan os comerciantes e hostaleiros a través da imaxinación e a orixinalidade na decoración artística e tradicional do Nadal.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A inscrición formalizarase por escrito ata las 12:00 horas do día 16 de decembro de 2022 na sede electrónica do Concello do Carballiño (www.carballiño.gal) ou ben de forma presencial no rexistro municipal.

O procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva. O importe total asignado no orzamento municipal a esta finalidade ascende a 900 euros. Haberá un 1º premio para comercio e outro para hostalaría, de 200 euros cada un; outro 2º premio de 150 euros para cada un, e un 3º de 100 euros para cada un.

Na valoración terase en conta a orixinalidade, creatividade e innovación da idea; o deseño, montaxe e selección de materiais; a iluminación, entre outras características.