A Deputación patrocina o “Nadal en familia”, o “espazo de encontro entre a cultura e as familias”

Ás -11.30 horas: Presentación de “Nadal en Familia 2022”.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, presenta a programación do Nadal do Teatro Principal deseñada para o público familiar, “Nadal en Familia 2022”, acompañado pola directora do teatro, Olga Mojón. Lugar: Teatro Principal

 O Teatro Principal volve a situar, un ano máis, aos rapaces no centro da programación destas datas coa celebración do “Nadal en familia”, que achegará aos máis pequenos propostas de circo, teatro e danza entre o 23 e o 29 de decembro. 

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón, presentaron esta mañá os detalles desta nova edición do programa. 

AVANTAR ACTIVIDADES

César Fernández sinalou a importancia de “contar con programación familiar nestas datas para achegar a cultura aos máis pequenos”, destacando a aposta da Deputación por promover a “cultura en familia” ademais de remarcar o traballo de todo o equipo do Teatro Principal por deseñar ano tras ano unha programación “moi variada” e que “fai fincapé nun público obxectivo fundamental. Porque os nenos son o noso futuro e a cultura xoga un papel importante na súa construción como cidadáns”. 

Pola súa banda, Olga Mojón destacou que os “nenos e as familias sempre teñen un papel chave no Teatro Principal, unha posición reforzada nestas datas a través dunha programación de Nadal que é un espazo de encontro entre a cultura e as familias”. 

A directora do Teatro Principal resaltou a importancia do respaldo da Deputación á cultura, “o seu apoio é un referente, especialmente nestes tempos complicados”. 

Programación de “Nadal en familia”

Ás -11.30 horas: Presentación de “Nadal en Familia 2022”.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, presenta a programación do Nadal do Teatro Principal deseñada para o público familiar, “Nadal en Familia 2022”, acompañado pola directora do teatro, Olga Mojón. Lugar: Teatro Principal

A programación arranca no Teatro Principal o 23 de decembro, co espectáculo circense “Gatlük, un sueño de Navidad”, ás 18,00 e as 19,30 horas. E repetirá o día 26, ás 12,00 e ás 18,00 horas. 

Despois, dúas citas de teatro infantil. O día 27 de decembro, “Voa voa”, ás 18,00 horas, unha obra pensada para nenos a partir de 6 anos. E o día 28 de decembro, “A nena que vivía nunha caixa de mistos”, en sesión ás 12 horas e ás 18,00 horas -público familiar a partir de 4 anos-.

Ademais, o Teatro Principal acollerá o día 29 de decembro ás 18,00 horas o espectáculo de danza familiar “Nina Ninette”, unha cita pensada para o público familiar a partir dos 3 anos.

Máis información, na web do Teatro Principal www.teatroprincipalourense.com