O Cine Club proxecta este venres “La consagración de la primavera”

Este venres día 16 de decembro o Cine Club proxecta a película revelación do cine español deste 2022, o último filme de Fernando Franco, “La consagración de la primavera”. Centrada na relación de Laura, unha estudante de Química recén chegada a Madrid, e David, un mozo con parálise cerebral e a súa nai Isabel. Unha película con doses de amargura e luminosidade ao mesmo tempo, chea de autenticidade e verdade, unha historia que sorprende e conmove.

Conta con unhas excelentes interpretacións dos sus protagonistas principais, nominados a mellores actor e actriz revelación nos premios Goya deste ano. Os pases serán no Auditorio Manuel María ás 20:00 e ás 22:30 horas, os dous en castelán.

AVANTAR ACTIVIDADES