Afundación, ABANCA e o Concello de Ribadavia presentan «O Camiño ilustrado. Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla»

Afundación, ABANCA e o Concello de Ribadavia inauguran mañá, mércores 14 de decembro, ás 11.00 h, no Local Social da Igrexa da Magdalena, a mostra «O Camiño ilustrado. Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla». A este acto acudirán Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Lugo e Ourense.

«O Camiño ilustrado. Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla» recolle as 60 acuarelas realizadas pola recoñecida ilustradora e autora de cadernos de viaxe que conta con máis de 125 000 seguidores en Instagram. Articulada en tres seccións fundamentais ―«O Camiño», «Os camiñantes» e «Compostela. A cidade e o seu patrón»―, e con textos explicativos do doutor en Historia Feliciano Novoa, a mostra permanecerá aberta ata o 15 de xaneiro co seguinte horario: de 11.00 a 14.00 h de 17.00 a 20.00 h os días 14, 15, 16, 20 e 21 de decembro de 2022 e 10, 11, 12, 13, 14 e 15 de xaneiro de 2023, de 17.00 a 20.00 h os días 22, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2022.

AVANTAR ACTIVIDADES
EventoInauguración da exposición «O Camiño ilustrado. Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla»
LugarLocal Social da Igrexa da Magdalena de Ribadavia
Data e horaMércores, 14 de decembro, 11.00 h
  AsistentesNoelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Lugo e Ourense