Mañá sairán á venda as últimas 250 entradas para o encontro entre o Arenteiro e o Atlético de Madrid

Dende o pasado sábado comezou a venta de entradas para o que será un encontro histórico. O C.D. Arenteiro enfróntase na segunda ronda da Copa do Rei ó Atlético de Madrid, o vindeiro xoves día 22, no campo de Espiñedo.

A venta fíxose de xeito escalonado, por número de abono, pero aínda así a demanda superou as expectativas. O club aumentou o aforo para este econtro ca colocación dunha grada supletoria que será provisional, facendo que haxa espazo para 2.800 persoas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Despois de que os socios e os membros dos equipos base do club accederan á súa entrada, mañá venres sairán á venda as entradas que quedan dispoñibles para os non socios do club, que serán un total de 250.

A taquilla terá un horario de 10:00 horas a 13:00 horas e, pola tarde, se aínda quedan entradas, dende as 16:30 horas ata as 20:00 horas.