O PSDEG de Pereiro insta ao concello á construción dunha senda peonil e ciclista

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 O PSdeG-PSOE de Pereiro de Aguiar vén de presentar unha moción para o seu debate na vindeira sesión plenaria na que insta ao Concello a construción dunha senda peonil e ciclista e a mellora da seguridade viaria na estrada municipal que une a urbanización da Tapada de Bouzas, de 450 habitantes, co pobo de Loñoá con preto de 300 habitantes, coa ampliación da mesma. Os e as socialistas reclámanlle ao goberno municipal que “se comprometa” a redactar o proxecto e a realizar cantas actuacións e xestións sexan pertinentes para financiar a obra ou procurar financiamento para a súa execución.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o Grupo Municipal Socialista de Pereiro consideran “idóneo” aumentar a rede de sendas e carreiros existentes actualmente no municipio. Destacan, que no caso da conexión por estrada entre a urbanización de Tapada de Bouzas e a poboación de Loñoá, o “gran volume” de tráfico provoca que tanto vehículos, como peóns e bicicletas, teñan que circular de xeito conxunto por esta estrada municipal, que conta cun percorrido de 2 quilómetros. Ante esta situación, os concelleiros e as concelleiras do PSdeG-PSOE no municipio propoñen a “ampliación e acondicionamento da estrada, ademais da construción da senda peonil e ciclista, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e a mobilidade”.

Para o voceiro do PSdeG-PSOE en Pereiro de Aguiar, Jorge Gutiérrez, este tipo de actuacións “permitirá diminuír o número de persoas que utilizan o seu vehículo para desprazarse neste traxecto, e así contribuír a uns hábitos de vida máis saudables”. Neste senso, o edil socialista tamén apunta que con esta iniciativa “queremos contribuír a coidar o medio ambiente e a fomentar o emprego da bicicleta e os desprazamentos a pé como modo de transporte habitual no municipio”. Avoga por potenciar a “mellora do medio ambiente” no municipio e por “frear o cambio climático, coa redución das emisións de gases do efecto invernadoiro e deste xeito cumprir co plan de acción para o clima e a enerxía sostible (PACES) de Pereiro de Aguiar, da Rede Española de Cidades Saudables e da Rede de Entidades Locais para a Axenda 2030”.

Pereiro de Aguiar acada na tempada estival unha poboación superior aos 10.000 habitantes e non conta cun núcleo urbano ben definido, ao proliferar, en varios puntos, numerosas urbanizacións e vivendas unifamiliares, situación que repercute moi significativamente na distribución da poboación, na mobilidade, no transporte e na configuración da rede de estradas. A esta situación, súmase en palabras dos e das socialistas “a propia configuración do noso territorio e a rede de estradas, na que unha parte moi significativa son travesías, co consecuente problema que supón para a seguridade, debido á coexistencia de tráficos de moi diferentes características e velocidades, incluíndo a presenza de usuarios vulnerables”.

Ante estas circunstancias de ordenación territorial, Gutiérrez considera “primordial” que se aposte por sendas verdes, peonís e ciclistas, xa que segundo manifesta “axudarán non só á mellora medio ambiental, senón tamén a potenciar outro tipo de transporte sostible e a facilitar o día a día da nosa veciñanza, cunha mellora substancial da seguridade viaria”. O voceiro do PSdeG-PSOE lembra que “levamos anos loitando por estas melloras e vamos a seguir propoñendo iniciativas que axuden a contribuír co medio ambiente e a desenvolver un Pereiro de Aguiar máis sostible e pensado para as persoas”.

Dende o PSdeG-PSOE apuntan  ano 2008 “presentamos numerosas propostas para a creación dunha rede de rutas e camiños non motorizados no municipio, co fin de conectar todas as poboacións do municipio,  e achegar aos principais atractivos turísticos e espazos naturais, potenciando o transporte sostible e mellorando a seguridade dos peóns e dos ciclistas que circulan polas estradas do municipio”.   consecuencias”. Por último recorda, que no ano 2020 aprobouse por unanimidade o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible, que  inclúe, entre outras medidas, a construción de sendas co fin de fomentar a mobilidade sostible. E que no 2022, tamén o Concello adheriuse a Rede Española de Cidades Saudables.