Aspadisi recorda que as doazóns antes de fin de ano teñen retribucións fiscais

A directiva da Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Psíquica das comarcas do Carballiño e do Ribeiro compareceu esta mañá para actualizar a situación da obra da súa nova residencia. A día de hoxe, non poderán cumprir os prazos establecidos para o seu remate, aínda que queda pouco.

O seguinte paso unha vez rematen as obras será a adquisición de mobiliario e menaxe necesarios para o seu funcionamento. A directiva asegura que será todo da mellor calidade, sen escatimar en gastos.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto á financiación, polo de agora teñen suficiente para rematar a obra. Por iso, precisan crear un fondo económico para o momento da posta en marcha da residencia, co custe de persoal que suporá e ca falla de ingresos ó non ter os suficientes usuarios ó inicio.

Por iso, aproveitaron esta mañá para recordar que está época é a mellor para facer doazóns e obter un beneficio, xa que todas as que se fagan antes de final de ano será retribuídas con beneficio fiscal na declaración da renda do vindeiro ano.

Ademais, tamén queremos recordarlles que este vindeiro domingo terá lugar a Gala Benéfica organizada pola ANPA do colexio Vila do Arenteiro, ás 19:00 horas no Auditorio Manuel María. Todo o recaudado irá destinado a Aspadisi.