Espazo Común pide un plan de dinamización do comercio para o vindeiro ano

A formación de Espazo Común do Carballiño presenta unha moción na que piden a creación dun plan de dinamización do comercio para poñer en marcha no vindeiro ano que entra. Para o grupo, o sector atravesa un momento delicado, e é preciso aplicar medidas para revitalizalo. O texto da moción completo é o que lles deixamos a continuación:

“O comercio é históricamente un dos sectores máis importantes da economía do Carballiño. Tanto é así, que a maioría dos estudosos situan os comezos do propio pobo nunha encrucillada de camiños na que tiña lugar unha feira.

AVANTAR ACTIVIDADES

Arredor dela foi medrando todo o que hoxe coñecemos e os pequenos empresarios e emprendedores nunca deixaron, ao longo dos séculos, de ter unha presencia fundamental no crecemento que foi experimentando esta vila e toda a súa comarca.

Sen embargo, na actualidade, o pequeno comercio está a pasar un momento excepcionalmente delicado. A competencia das plataformas dixitais, a fuga de gasto cara ás grandes superficies e outros problemas máis locais como a escaseza de aparcamento ou a perda e envellecemento da poboación , fan que tódolos que forman parte deste sector, dun xeito ou doutro, vexan o futuro con moita preocupación.

O Concello non pode dar as costas á súa historia e deixar esmorecer os nosos comercios sen facer nada. Un pobo sen tendas, sen luces nos escaparates, sen movemento de compras, é un pobo morto.

Sabendo do dificultoso do obxectivo, sí hai modelos exitosos de lugares que conseguiron dar pulo a todo o sector e animar aos seus veciños e aos da contorna a mercar no propio pobo. As vantaxes son moitas e aínda que non se pode competir en todo, sí que cómpre poñelas en valor para que a xente as coñeza.

Por iso, dende Espazo Común pensamos que se fai necesario a elaboración dun Plan de Dinamización Comercial: un estudo que analice de xeito eficiente as fortalezas e debilidades do tecido económico local, facendo fincapé na situación das pequenas tendas. Un traballo que debera levar a que tódalas partes implicadas coñezan de primeira mán tódalas accións a acometer, comezando por este Concello e que sirva de punta de lanza para garantir a viabilidade dese eixo fundamental para o futuro do Carballiño.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                              SOLICITAMOS

  1. Que o Concello do Carballiño elabore un PLAN DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL que se poida por en marcha dende o vindeiro ano e que permita dar un novo pulo a un sector tan fundamental para a nosa economía como é o do pequeno comercio”.