A exposición “131” amosa na Biblioteca Nós os traballos do alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación

-19.00 horas: Inauguración da exposición “131”, da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense.- O vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, inaugura a exposición “131”, unha mostra de traballos realizados polo alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense. Estará acompañado polo director do Marcos Valcárcel, Francisco González; e a directora da Biblioteca Pública Nós, Rosa Díaz Naya. Lugar: Biblioteca Pública Nós.

A Biblioteca Pública Nós acolle dende hoxe ata o 29 de xaneiro de 2023 a exposición “131”, unha mostra de pezas realizadas polo alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense que mestura as distintas disciplinas traballadas no centro. 

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou na inauguración da exposición acompañado polo director do Centro Cultural Marcos Valcárcel, Francisco González; a directora da Biblioteca Nós,  Rosa Díaz; e os alumnos e profesores da Escola. 

AVANTAR ACTIVIDADES

A exposición “131” recibe o seu nome polos anos que ten a Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense, unha institución fundada en 1891 que ten formado a numerosos artistas e artesáns ourensáns.

-19.00 horas: Inauguración da exposición “131”, da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense.- O vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, inaugura a exposición “131”, unha mostra de traballos realizados polo alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense. Estará acompañado polo director do Marcos Valcárcel, Francisco González; e a directora da Biblioteca Pública Nós, Rosa Díaz Naya. Lugar: Biblioteca Pública Nós.

“131” é unha mostra de traballos feitos polo alumnado da Escola entre 2021 e 2022 que engloba as distintas disciplinas que se traballan nela: talla en madeira, debuxo e pintura, cerámica e olería e modelado en barro. Este conxunto heteroxéneo de obras de distintas disciplinas e correntes, desde o estilo académico clásico ata o estilo vangardista, permite xerar un diálogo entre os materiais e os estilos, mostrando o bo facer técnico e a creatividade das pezas.