O Carballiño mantén 16 casos de violencia de xénero activos dende o mes de xuño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe tivo lugar a reunión da Mesa de Coordinación para a mellora de atención ás vítimas de violencia de xénero do Concello do Carballiño, que foi convocada pola Concellería de Servizos Sociais do Carballiño, no salón de plenos do Concello. Esta mesa ten como obxetivo fundamental mellorar a atención e conseguir a súa adaptación ás necesidades reais das mulleres vítimas de violencia de xénero.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Contou ca presenza de María Alida Iglesias, Xefa da unidade provincial de violencia sobre a muller, quen fixo un balance da situación provincial, que supera os 300 casos activos.

O Carballiño mantén a mesma cifra de casos que na última reunión no mes de xuño, un total de 16, ningún deles de risco alto, once deles con medidas xudiciais que prohiben a aproximación entre a vítima e o agresor. Tamén hai menores en risco, un total de 17.

A citada mesa está constituída por diferentes administracións tales como o Concello do Carballiño, Centro de Información ás Mulleres do Carballiño, Policía Local, Centro de Saúde, Centros Educativos Posto da Garda Civil do Carballiño, Xuzgado e Subdelegación do Goberno de Ourense.